O
Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo ven de publicar
este traballo sobre o emprego seguro das plataformas elevadoras
móbiles de persoal.
A
publicación se estrutura en catro capítulos:
No
primeiro capítulo se clasifican os diferentes tipos de plataformas
elevadoras e se analiza a situación do mercado de alugueiro de
plataformas, análise que ten a súa trascendencia xa que gran parte
das plataformas que se empregan son de aluguer.
No
segundo capítulo,indícanse as normas legais, técnicas e outra
documentación técnica (Guías e criterios técnicos) de aplicación
na materia.
No
terceiro capítulo realízase unha análise de sinistralidade e da
tipoloxía dos accidentes máis frecuentes.
Conclúe
co cuarto capítulo, destinado a repasar as medidas de prevención e
protección aplicables e a prevención de accidentes frecuentes.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario