No
Consello de Ministros do pasado 13 de marzo, se procedeu a informar
sobre o Anteproyecto de Lei Ordeadora do Sistema de Inspección de
Traballo e Seguridade Social que inclúe a creación dunha escala de
Subinspectores de Seguridade e Saúde no Traballo. Este Anteproxecto
supón a actualización da normativa vixente, que data de 1997. A
futura Lei prevé un incremento dos recursos destinados pola
Inspección para a prevención de riscos laborais e para combatir a
sinistralidade laboral. Con este fin se creará dentro da Inspección
unha nova Escala de Subinspectores de Seguridade e Saúde no
Traballo.
Segundo
o resumo do informe, a Lei pretende potenciar as capacidades de
actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social a través
de varias vías:
Implementando
un modelo xeralista de inspección, máis eficiente e con
procedementos de actuación simplificados: na visita á empresa, o
Inspector actúa en todalas materias competencia da Inspección
(relacións laborais, seguridade e saúde laborais, Seguridade
Social)
Actualizando
os medios operativos, coa incorporación das novas tecnoloxías da
información e a comunicación nas relacións cos traballadores/as e
as empresas.
Reforzando
a independencia técnica do persoal inspector.
Tamén
no marco desta nova lexislación se creará a Oficiña Nacional de
Loita contra a Fraude, da que formarán parte os organismos
implicados na loita contra a fraude laboral; as funcións que
se lle atribuirán serán a detección da fraude, a programación e a
execución de actuacións inspectoras e a avaliación de resultados.
Esta
Oficiña servirá de enlace coa Plataforma europea contra o traballo
non declarado, plataforma que está en fase de preparación no marco
da Unión Europea.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario