O
día 1 de decembro de 2015 entrou en vigor o novo sistema de baixas
médicas derivado do estipulado na Orde ESS/1187/2015, de 15 de
xuño, pola que se desenvolve o Real Decreto 625/2014, de 18 de
xullo, que regulamenta determinados aspectos da xestión e control
dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos
sesenta e cinco días da súa duración.
As
novidades máis salientables son as seguintes:
PARTE
DE BAIXA. O persoal facultativo terá que escribir a duración
estimada do proceso e as baixas clasificaranse en función desa
duración:
• moi
curta: inferior a 5 días naturais
• curta:
de 5 a 30 días naturais
• media:
de 31 a 61 días naturais
• longa:
mais de 61 días naturais
PARTE
DE CONFIRMACIÓN. Dependendo da duración:
*Baixas
de moi curta duración. O/A traballador/a non terá que ir recoller a
alta. O persoal facultativo emite a baixa e a alta no mesmo parte
médico. O/A traballador/a poderá solicitar recoñecemento médico
para o día da alta, se considera que non está inda recuperado/a.
*Baixas
de máis de 5 días. No parte de baixa sempre figurará a data da
próxima revisión:
• Curta
- 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 14 días
• Media
- 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 28 días
• Larga
- 1º parte máximo 14 días, 2º e sucesivos 35 días
Modificación
ou actualización do diagnóstico: emitirase un parte de confirmación
co diagnostico actualizado, a duración estimada e a data de
revisión.
Cambio
de Servizo Público de Saúde que presta servizos: emitirase un
parte de confirmación no que se recolla o novo servizo e a data da
próxima revisión.
PARTE
DE ALTA. Pode ser por curación, melloría, recuperación da
capacidade laboral, proposta de incapacidade permanente, inicio da
situación de maternidade, ou comparecencia a revisión médica.
TRAMITACIÓN
DOS PARTES ALTA/BAIXA E CONFIRMACIÓN.
Presentación
na empresa pola persoa traballadora:
*
Parte de baixa e confirmación, en 3 días a partir da data de
emisión.
*
Parte de alta, dentro das 24 horas seguintes á emisión.
*
IT de moi curta curación, parte de baixa/alta dentro das 24 horas da
data de alta. Se a/o facultativa/o emite o 1º parte de confirmación
(se se solicita revisión e a/o facultativa/o estima que non
pode haber alta), dentro das 24 horas da emisión.
Diante
da entrada en vigor da reforma están aínda moitos aspectos sen
aclarar, como quen e en que momento ten a competencia para emitir a
baixa, e en que condicións se fai o seguimento. Tampouco están
dispoñibles as táboas de tempos medios de duración das baixas en
función dos diagnósticos e das condicións dos postos de traballo,
táboas que, ademais, non poden condicionar a capacidade do
profesional para establecer a duración da baixa.
Coa
posta en marcha desta reforma increméntase a burocratización do
traballo das e dos médicos de Atención Primaria coa elaboración de
informes repetidos que non garanten un mellor seguimento clínico das
e dos pacientes e que só ten xustificación na presunción, non
xustificada, de fraude xeneralizado por parte das traballadoras e
traballadores.
www.cigadmon.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario