A pasada semana o Departamento de Persoal comunicaba a compensación da coincidencia do Día de Santa Rita en domingo que se desfrutará con carácter xeral o luns 23 de maio. Cómpre recoñecer que non sabemos o que está cambiando mais é a primeira vez que se fai unha interpretación do convenio colectivo do persoal laboral en beneficio dos traballadores e que isto hai un tempo sería impensable. Ademais, e non como ten pasado con anterioridade, a comunicación realízase en tempo e forma a todo o persoal. Agardamos que a partir de agora a información continúe fluíndo de xeito permanente e claro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario