15/05/16

Seis meses sen recibir a documentación das horas extraordinarias

Que o goberno municipal lle oculta a información sobre as horas extraordinarias ao Comité de Empresa xa é unha realidade cando este leva seis meses sen entregarlle a documentación sobre as horas extraordinarias a pesar de existir un informe do propio asesor xurídico municipal (para que se vexa que lle fan caso aos informes cando lles peta) que indica, tal e como lembra a lexislación, que esta información debe entregarse de xeito mensual aos representantes dos traballadores.
Agora, e á vista de que  o goberno do PSOE volve a vellas formas que xa vivimos hai cinco anos, cando a CIG comezou a ter representación sindical neste Concello, proporemos que o Comité recorra a outras instancias para que lle requira ao Concello que lle achegue a documentación solicitada. O certo é que a paciencia ten un límite e desde a CIG sempre tentamos solicitar en múltiples ocasións tanto por escrito como verbalmente a documentación mais resulta triste que neste Concello teñamos que acudir a outras Administracións, como a Inspección de Traballo ou o Xulgado para facer valer os dereitos dos traballadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario