15/03/17

A CIG solicita a negociación do metodo de valoración da empresa contratada para a elaboración da RPT

O pasado día 14 de marzo a Sección sindical da CIG solicitoulle ao goberno municipal que o Concello convoque aos representantes dos traballadores para negociar o método de valoración da Relación de Postos de Traballo como primeiro paso do camiño cara á negociación do novo documento.

Lembroulle que os representantes dos traballadores non foron convocados como tal para informalos sobre estas cuestións nin se reuniu a Mesa Xeral de Negociación ata o momento a pesar de que segundo consta no portal de contratación do Concello o contrato con Quorum Económico S.L. se asinou o pasado 23 de xaneiro de 2017 cunha duración de dous anos e seis meses.

Así mesmo, indicoulle que este proceso debe ser negociado e consesuado desde o inicio e o método de valoración dos postos de traballo debe ser obxecto de negociación. Igualmente, o proceso metodolóxico para a valoración dos distintos postos de traballo debe ser consensuado cos representantes dos traballadores e traballadoras deste Concello. e sinaloulle que considera de suma importancia esta parte do proceso, cuxos resultados poden ser moi diferentes en función dos distintos métodos de valoración.

As diferentes escalas dos métodos de valoración dan lugar a uns resultados diferentes na valoración dos distintos postos que se manifesta de xeito retributivo nos complementos específicos, de aí que consideremos este tema crucial para comezar unha negociación en condicións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario