Sobe
o paro malia asinarse máis contratos e máis da metade dos parados
non cobra prestación
O
paro rexistrado o pasado mes de setembro de 2017 ascendeu a 184.057
persoas, un 1,62% máis que o mes anterior, a pesar de que se
asinaron un total de 96.369 contratos. Isto constata, para a
CIG, a enorme temporalidade do emprego que se crea e evidencia o
absoluto fracaso das políticas laborais da Xunta de Galiza. A
central sindical alerta ademais do grave risco de exclusión social
que sofren as persoas desempregadas, xa que máis da metade non
cobran ningún tipo de prestación.
Resulta
rechamante tamén que descenda máis a afiliación á Seguridade
Social que o paro xa que mentres se incrementou en 2.932 o número de
persoas desempregadas, porén en setembro houbo unha media de
6.631,15 afiliados/as menos.
Os
datos permiten confirmar tamén non só a enorme dependencia dos
Servizos, porque de feito só neste sector se perderon 2.616
empregos, senón tamén a enorme rotación e pésima calidade do
pouco emprego que se crea: temporal e precario.
Tal
é así que aínda incrementándose o paro en setembro medrou o
número de contratos asinados con respecto ao mes de agosto (649
máis) e do total o 92% foron temporais.
Exclusión
social
Xunto
á precariedade laboral aséntase en Galiza a exclusión social, xa
que só 87.005 persoas desempregadas foron beneficiarias dalgún tipo
de prestación, sen que o goberno do PP articule medida algunha para
frear o cada vez maior risco de pobreza existente.
O
secretario confederal de Emprego e Industria, Fran Cartelle denuncia
precisamente como “a precariedade e a exclusión social se instalan
no mundo do traballo” pola “nula incapacidade do governo do PP
para solucionar calquera dos graves problema tanto no Estado, nin o
desemprego, nin o encaxie territorial, entre outros, nin en Galiza”.
Precisamente
respecto do goberno de Feijóo na Xunta de Galiza lembra que “eles
mesmos recoñecen o seu fracaso e incompetencia ao presentar unha
Proposición de Lei como a de Fomento da Implantación de Iniciativas
Empresariais” que supón “unha auténtica moción de censura ás
nefastas políticas desenvolvidas ao longo destes anos”.
Para
Cartelle resulta “lamentábel” que se aposte por un modelo
industrial que o único que pretende é “darlle máis facilidades
ás empresas con actividades lixo sen ter en conta os prexuízos para
o contorno” mentres “carecen de iniciativas para impulsar os
nosos sectores produtivos”.
O
secretario confederal de Emprego responsabiliza ademais ao PP e ás
sucesivas reformas laborais da precariedade e da exclusión social.
“Co tipo de emprego que se está creando queda claro que o seu
único obxectivo era pór a disposición das empresas man de obra
barata”, conclúe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario