O
demandante comezou a desenvolver a partir de 2009 unha resposta
biolóxica particular ante a exposición a campos electromagnéticos
non ionizantes por disfunción límbica, tanto de alta como de baixa
frecuencia, (wifi, telefonía móbil, wimax, computadores, tendidos
eléctricos, transformadores eléctricos, etc). En 2014 foi
diagnosticado de Electrohipersensibilidade, como enfermidade común.
Tras solicitar administrativamente o cambio de Enfermidade Común a
Accidente de Traballo nas súas Incapacidades Temporais (IT), o INSS
resolveu que ditas Incapacidades Temporais debían ser consideras
como continxencias comúns. Interpúxose demanda para solicitar o
devandito cambio de continxencia a Accidente de Traballo a través do
Xulgado do Social citado.
Recentemente
o Xulgado do Social Número 1 de Zaragoza, determinou que a patoloxía
de electrosensibilidade que padece un traballador foi orixinada única
e exclusivamente pola súa actividade laboral e por tanto as
incapacidades temporais IT) que tivo este traballador dende 2014
teñen carácter laboral e deben ser consideradas como Accidente de
Traballo. Dita sentenza foi ratificada polo Tribunal Superior de
Xustiza de Aragón.
Máis info en ww.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario