Case un de cada catro adultos maiores
de 20 anos sofre unha enfermidade reumática no Estado, o que supón
ao redor de 11 millóns de persoas, segundo o Estudo Episer 2016
elaborado pola Sociedade Española de Reumatoloxía. Só de artrite
reumatoide, unha das máis comúns, hai case 300.000 pacientes e cada
ano diagnostícanse uns 20.000 casos novos.
Para falar dos últimos avances no
tratamento destas doenzas, 14.000 especialistas de Europa e outras
partes do mundo déronse cita en Ifema con ocasión do Congreso Anual
Europeo de Reumatoloxía que organiza a liga Europea contra o
Reumatismo (Eular). O evento contou coa colaboración da Sociedade
Europea de Reumatoloxía Pediátrica (PReS).
O presidente de Eular, destaca que a
participación dos pediatras no congreso permitirá “asimilar o
coñecemento” sobre a manifestación destas enfermidades durante
todas as “décadas da vida”. “Eular é o noso socio natural e
por unha boa razón: os nosos pacientes tamén necesitan o mellor
coidado posible unha vez cumpridos os 18 anos”, comenta o
presidente de PReS.
A artrite reumatoide é unha
inflamación crónica que afecta ás articulacións de forma
simétrica (en ambos os lados do corpo, por exemplo, as dúas
bonecas), pero que tamén pode danar órganos internos. Outras
tipoloxías son a artrose lumbar, gota, artrite psoriásica,
fibromialxia e o lupus eritematoso sistémico.
O Estado, as patoloxías reumáticas
son responsables do 24% das incapacidades temporais e do 50% das
permanentes. En 2010 déronse máis de 800.000 baixas temporais por
esta causa, cun custo para a Seguridade Social de máis de 1.000
millóns de euros.
A pesar do seu impacto, “só o 40%
dos hospitais públicos ten un servizo especializado en
reumatoloxía”, advirte a directora de OpenReuma, asociación
nacional de profesionais con interese neste campo. Con todo, destaca
que a Universidade de Alacante ofrece xa o primeiro curso oficial de
posgrao en reumatoloxía e que, en marzo de 2020, impartirase o curso
Eular para profesionais sanitarios en Madrid.
Fonte: CincoDías
Ningún comentario:
Publicar un comentario