Nas
comisións de servizo non abonda con que a persoa adxudicataria
cumpra os requisitos de idoneidade, senón que, cando sexan varias as
persoas solicitantes, é necesario que se exterioricen as razóns
polas que se elixe a unha das persoas peticionarias e se lles
notifique a todas elas a decisión final para darlle posibilidade de
impugnación. Iso vén a decirlle á Xunta de Galiza, por segunda
vez, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
A
nova sentenza do TSXG 341/2019, do 3 de xullo, incide nos mesmos
aspectos que a anterior sentenza 87/2018 que demos a coñecer o ano
pasado capitaneada tamén desde os servizos xurídicos da CIG.
Todo
o mundo ten moi claro que as decisións discrecionais das
Administracións hai que motivalas e tamén notificar as resolucións.
Porén, esto parece que se lle esquece acotío á Xunta. É o mínimo
que marca a lei. Non estaría de mais que os criterios de selección
fosen previmente publicados, como non estaría de máis que as
comisións de servizo fosen realmente "excepcionais" e
"transitorias" e o ordinario fose o concurso aberto
permanente. Mentres non sexa así, haberá que seguir defendendo os
nosos dereitos á mobilidade e promoción profesional (e a
legalidade) nos tribunais.
Desde
a CIG valoramos positivamente esta senteza que non vai a eliminar de
raíz a arbitrariedade no reparto das comisións de servizo, pero
vaille a obrigar á Administración a botarlle máis imaxinación á
hora de motivar por que unha persoa candidata é preferible sobre
outra; a parte de a notificar a resolución (coa motivación) a todas
as persoas candidatas. Así pois, permitirá unha comparación, que
si pode ser controlable polos xulgados.
Esiximos
que desde a Dirección Xeral de Función Pública se vele polo
cumprimento da legalidade e xurisprudencia en todas as resolucións
das comisións de servizo, que parece ser que no 2018 non nos fixeron
moito caso. Vai rematando a época das comisións de servizo
arbitrarias e eternas e parece mentira que no 2019 aínda esteamos
así.
Ningún comentario:
Publicar un comentario