Documento no que se recollen as
principais situacións e recomendacións para os condutores
profesionais relacionadas co factor humano na seguridade viaria
laboral: fatiga, estrés, atención e o consumo de drogas e alcohol.
Os condutores profesionais utilizan o
vehículo como centro de traballo: transportistas, mensaxeiros,
condutores de servizos de transportes, etc. Son os que máis
accidentes de tráfico sofren, xa que a pesar da súa
profesionalidade están constantemente expostos ao risco.
Os factores de risco son múltiples
aínda que se pode falar de tres ámbitos: a organización, o
vehículo e a persoa. Na maior parte dos casos está presente o
factor humano.
Asociados a este factor inclúense o
propio estado de saúde ou a velocidade, que debe adaptarse ás
condicións ambientais e da vía. Pero ademais de considerar estes e
de respectar todas as normas establecidas no Código de Tráfico e
Seguridade Viaria, debemos ter en conta outros factores de risco: a
fatiga, a atención, o estrés e o consumo de alcohol e drogas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario