A CIG advertira que o prezo por hora
non garantía un servizo de calidade nin o cumprimento do convenio
A CIG de Ourense reclámalle ao
Concello que cumpra a promesa electoral do alcalde e municipalice o
servizo de Axuda a Domicilio e á Dependencia unha vez que o concurso
de adxudicación quedou deserto despois que ningunha empresa se
presentase. A central, que alegou o procedemento, advertira que o
prezo fixado por hora (15,83 euros) non era suficiente para ofertar
unha atención de calidade e para cumprir o convenio colectivo en
materia salarial.
Dende a CIG-Ourense pregúntanse a que
se refire exactamente o Goberno local cando fala de facer un prego de
condicións máis atractivo, “porque se é a incrementar o prezo
hora do servizo hai que concluír que o prego anterior está por
debaixo dos mínimos esixidos para unha boa asistencia”.
Nesta liña, demandan do Concello que
explique quen tomou a decisión de partir dun valor prezo/hora que
tende de xeito irremediábel á precariedade. “Posiblemente o
alcalde derive a culpa nos técnicos/as municipais, como acostuma
facer cada vez que tropeza coa realidade”.
Por iso temen que vaia acontecer o
mesmo que sucedeu co servizo de limpeza do Pavillón dos Remedios, no
que a empresa adxudicataria renunciou a seguir, fíxose un novo
concurso, aumentouse o prezo e finalmente a concesión foi novamente
para a mesma empresa que renunciara.
Fácil xestión pública
“Se existe un servizo doado para
saber o que custe que ten é precisamente o de Axuda a Domicilio, xa
que só é man de obra; existe un convenio colectivo de ámbito
galego que evita a competencia desleal; e o número de persoal de
coordinación está establecido por ratios. Polo que non hai servizo
máis fácil de xestionar publicamente que este”, sosteñen.
Polo tanto, aproveitando esta situación
de concurso deserto lémbranlle ao grupo de Goberno municipal “o
seu compromiso de municipalizar servizos coma este, ben directamente,
ben por medio dunha empresa pública que se cree ao efecto”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario