A Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos vén de lle solicitar ao Concello que reúna
a Comisión Paritaria do Convenio Colectivo para, entre outros temas,
estudar e analizar a reclasificación
dos postos sinalados no punto anterior tendo en conta o recollido no
artigo 77.3 do Convenio colectivo do persoal laboral e darlle
solución, así como iniciar un proceso de reclasificación dos
postos do persoal laboral susceptibles de tal casuística e que se
deberán analizar na devandidta reunión.
Fixo esta proposta logo de levala ao Comité de Empresa e que a CSIF se negase a tomar un acordo para llo trasladar ao goberno municipal. Na proposta, que o único que solicita é que se faga a aplicación do artigo 78 do Convenio colectivo en beneficio dos postos aos que lles afectaría indicámoslle ao Concello o seguinte:
PRIMEIRO.
Que o Convenio colectivo do persoal laboral recolle no artigo 78
relativo aos grupos de clasificación do persoal laboral, que ao
persoal laboral se lle aplica o mesmo sistema de clasificación
profesional, en grupos, que o vixente, en cada momento, para o
persoal funcionario do Concello de Betanzos, e este se clasifica en
grupos profesionais, entre o que aparece por primeira vezo grupo
II.A. para os titulados de técnico superior ou equivalentes, eo
grupo III, formación profesional de segundo grao ou equivalente.
SEGUNDO.
Que no persoal laboral do Concello de Betanzos hai diversos postos
aos que se lles requiriu esta titulación indicada para o grupo II.A.
E III mais que na actualidade seguen encadrados nos grupos III e IV,
respectivamente. Que, así mesmo, e debido ás reformas das
titulacións dos últimos anos, hai outros postos cuxa titulación
equivale á indicada enriba para o grupo II.A. Mais que, igualmente,
continúan encadrados no grupo III laboral.
TERCEIRO.
Que esta situación supón unha discriminación con respecto ao
persoal ao que se lle exixiu unha titulación e está correctamente
encadrado no grupo profesional correspondente, e, redunda, pois,
nunha discriminación para o persoal que ocupa os postos susceptibles
de reclasificación por distintos motivos.
CUARTO.
Que o artigo 77.3. do Convenio colectivo do persoal laboral indica
expresamenteo seguinte:
Corresponderalle
á Comisión Paritaria de Seguimento e Control do Convenio a
supervisión da aplicación efectiva do sistema de clasificación
profesional que se ven de definir, encargándose do estudo e análise
das dúbidas e/ou problemáticas que poidan existir, tras a entrada
en vigor do Convenio, ao respecto da integración dos/as
traballadores/as nos diferentes grupos profesionais.
E
que temos coñecemento da existencia de varias reclamacións de
reclasificación ao abeiro do recollido no Convenio colectivo por
parte de traballadores deste Concello, polo que entendemos que a
Comisión Paritaria de Seguimento e Control do Convenio Colectivo
debe reunir para estudar e analizar esta problemática e darlle
solución, así como iniciar un proceso de reclasificación dos
postos do persoal laboral susceptibles de tal casuística que na
actualidade entendemos que son os seguintes:
Técnico/a
especialista en electricidade
Electricista
Delineante
Técnico/a
de xardín de infancia
Técnico/a
de son
Con base a todo isto facemos unha solicitude, para que, como é preceptivo, se reúna a Comisión Paritaria para analizar as solicitudes e tomar unha determinación e propómosllo ao goberno municipal de María Barral que inicie un proceso de reclasificación dos postos aos que lles corresponda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario