CSIF e UGT non son quen nin de cumprir os prazos que eles mesmos propoñen e aproban porque debe resultarlles demasiado choio que o Comité de Empresa se reúna cada tres meses, total, non hai ningunha demanda do persoal que queiran trasladar ao máximo organismo de representación dos traballadores e traballadoras laborais do Concello de Betanzos.
Fóra de prazo e sen nin sequera avisar de que non tiñan pensado non convocar, chegou a convocatoria de reunión ordinaria do Comité de Empresa, cuxa orde do día foi basicamente elaborada coas propostas que a CIG enviou hai máis dun mes (puntos 2 a 9), porque para o presidente do Comité non debe de haber agora mesmo ningún tema de relevancia para tratarse no Comité de Empresa, a situación laboral debe ser a ideal. Entendemos que a CSIF estea demasiado preocupada coa promoción da Policía Local, mais lamentamos que esa preocupación os leve a deixar de lado a situación do colectivo máis vulnerable a nivel laboral do Concello, o persoal laboral, non só pola temporalidade, senón pola discriminación laboral e a precariedade coa que se traballa en moitos casos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario