O Concello de Betanzos convoca a Comisión Paritaria de Igualdade logo de varias solicitudes por parte da CIG e un ano e medio de paralización, momento desde o que levamos esperando polos resultados da análise previa ao Plan de Igualdade, cuxo informe debería estar aprobado desde o 7 de abril de 2018, segundo indica o Convenio colectivo, e que daria lugar ao Plan de Igualdade que debería estar listo seis meses logo desa data, por tanto desde finais de 2018 o persoal municipal debería contar co Plan de igualdade interno.
A maiores, outra das reivindicacións que a CIG levou en diversas ocasións a esta Comisión foi a inaplicación do artigo 22.2. do Convenio e Acordo que redunda en que desde abril de 2017 o persoal municipal podía ter dereito a unha flexibilidade da xornada como unha mellora na conciliación laboral e familiar que na práctica se leva adiando tres anos polo goberno municipal de María Barral. Se ben é certo que a pesar das loitas que tiveron varias traballadoras no pasado por conseguir un horario de conciliación, e que mesmo ten levado a cuestión ao pleno, hai outro persoal, que na teoría ten un horario, mais na práctica, e sen unha conciliación solicitada e concedida formalmente, fai outro, o que aínda afonda máis na discriminación do resto do persoal ao que non se lle posibilita a flexibilización recollida no acordo e no convenio e perpetúa unha política de discriminación entre os traballadores e traballadoras deste Concello que ten unhas raíces demasiado fondas nesta Administración local.
Con posterioridade a esta reunión informarémosvos puntualmente, coma sempre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario