O goberno do Estado vén de aprobar o RD 901/2020 polo que se regulan os plans de igualdade. O Concello de Betanzos carece de plan de igualdade a pesar de que segundo o Convenio colectivo e o acordo regulador debe ser negociado e un informe situación de mulleres e homes dentro da empresa, enumerando todas as desigualdades detectadas debera estar aprobado desde o 6 de abril de 2018, data na que se cumpriu un ano da aprobación do texto e que se contempla como máxima.
O prazo do que fala a normativa é de tres meses para inicialo e un ano para telo listo, polo que o Concello de Betanzos terá que bulir para botar adiante esta necesidade, logo de adiala durante tres anos. Se ben é certo que en ata dúas ocasións fixo enquisas para este Plan de igualdade, polo momento non o levou adiante nestes tres anos. De feito, con respecto ás propias enquisas do plan de igualdade houbo persoal que nos transmitiu as súas queixas xa que descoñecía os motivos do Concello para facer a enquisa para o plan en ata en dúas ocasións mais non dar máis pasos para levalo adiante, aplicar varias medidas de acción positiva recollidas tanto no Convenio colectivo como no Acordo regulador ou facer ese informe previamente á elaboración da RPT para corrixir con esta posibles desigualdades existentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario