No pasado mes de novembro de 2020, o Concello de Betanzos levou á Mesa Xeral de Negociación este Regulamento do sistema de contro da xornada laboral ao que a CIG presentou estas achegas no prazo acordado, que finalizaba en decembro. Dous meses despois o goberno municipal aprobou unha instrución que facía referencia á obrigatoriedade da fichaxe mais que non regulaba o sistema.
Catro meses despois neste Concello conviven sistemas alternativos de fichaxe, a presencial, en remoto e vía web mais son de descoñecemento común os criterios de asignación dos distintos sistemas en función das características dos diferentes postos de traballo.
A maiores, o Concello segue sen lle facilitar o acceso aos rexistros de control aos representantes do persoal, tal e como recolle a lexislación vixente e para que se poida comprobar o cumprimento desta, polo que a CIG solicitou de novo o acceso a estes e mais insistiu na necesidade de que o Concello convoque unha Mesa Xeral de Negociación para a negociación do regulamento do sistema de rexistro na xornada á vista de que na actualidade conviven diversos sistemas de fichaxe, presencial, en remoto e web e son descoñecidos os criterios de asignación aos distintos sistema de fichaxe, así como os sistemas de xustificación, o procedemento nos casos dos saldos negativos e positivos e todo o relacionado co funcionamento do sistema. Ademais, e tendo en conta que só o persoal con ordenador ten acceso na actualidade á plataforma na que o persoal pode visualizar a súas fichaxes, a CIG solicitou que o Concello facilite un punto de acceso e a formación correspondente para que o persoal que non ten estes medios no seu posto de traballo poida acceder a esta información en igualdade de condicións que o resto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario