As delegadas e os delegados da CIG non asistirán á reunión ordinaria do Comité de Empresa pola mala fe e o incumprimento dos prazos na convocatoria.
A pasada semana e ante a previsión da inminente convocatoria da reunión ordinaria do Comité de Empresa, mais tamén os continuos cambios nesta ás que a CSIF nos ten acostumados a representante da CIG no Concello de Betanzos preguntoulle ao presidente do Comité de Empresa, Santiago Ois, se o luns día 5 habería reunión do Comité de Empresa e este quedou en responder mais a resposta nunca chegou. O martes, e ao seguir sen novas mais puxémonos en contacto con José Ángel Montes, vicepresidente, que nos comunicou que a reunión do Comité se adiaba e que xa nos avisarían mais o mércores ás 10 da noite e con catro días inhábiles por diante chegou unha convocatoria nun correo da CSIF sen ningún tipo de sinatura nin comunicado que convocaba a reunión do Comité para este luns 5 de marzo.
Esta convocatoria incumpre claramente os prazos de notificación, que se debe realizar 2 días ou 48 horas hábiles antes da reunión e imposibilitou a reorganización do traballo, foi feita con mala fe, á vista dos feitos descritos e coa imposibilidade de preparación correspondente dos puntos da orde do día. Por este motivo a CIG comunicoulle á totalidade dos membros do Comité de Empresa que non asistirá e recorrerá calquera acordo que considere pertinente e que se adopte nunha convocatoria de reunión inválida.
Ademais, solicitoulle ao presidente do Comité de Empresa, Santiago Ois, que non vulnere o principio de boa fe negocial e que facilite a información que se lle solicita sobre as convocatorias do Comité de Empresa á totalidade dos membros de pleno dereito do máximo órgano de representación do persoal laboral.
Por outro lado, e como se pode ver na convocatoria a metade dos asuntos que a CSIF pretende levar ao Comité son de clara incompetencia para este organismo, xa que non se deciden nel senón nas mesas de negociación, comités de seguridade e saúde e comisión paritaria do Convenio colectivo, órganos nos que a CIG ten representación e nos que o Concello xa informa das novidades cando os convoca.
É curioso que fronte a isto xusto falte na orde do día o punto proposto pola CIG e relativo á presentación dun conflito colectivo por parte do Comité de Empresa pola vulneración do Convenio colectivo pola publicación da RPT que a CSIF non quixo tratar na reunión ordinaria de xaneiro e que tampouco quere retomar na reunión ordinaria de marzo porque claramente vai en contra dos intereses que o sindicato dos funcionarios defende na Mesa Xeral de Negociación.
Para alén da nula vontade para os acordos en beneficio do persoal laboral que ten a CSIF demostra unha grave incompetencia que traslada a un pésimo funcionamento do Comité de Empresa en detrimento da posibilidade de acordos en beneficios de todos.
Na actualidade as reunións do Comité de Empresa non veñen sendo máis que un NODO do goberno municipal e para saber a versión do Concello xa asistimos aos órganos de negociación correspondentes e a CSIF cumpre á perfección o papel de Comité de Empresa amigo que facilita que o goberno municipal se despreocupe de que levemos máis dun ano sen revisións médicas, sen reunión do Comité de Seguridade e Saúde, sen que se reúna a Comisión seguimento da situación da pandemia, se que se convoquen as axudas sociais, que hai xa moitos anos que non tardaban tantos meses, sen que no mes de abril sigamos sen cobrar a suba do 0,9% do salario que se aprobou no pasado mes de decembro e cun avance significativo mais para peor do pésimo funcionamento deste Concello en material de persoal liderado polo concelleiro de Persoal e apoiado especialmente polos representantes do persoal laboral no Comité de Empresa da CSIF.
Deixámosvos aquí o comunicado que lle enviamos á totalidade dos membros do Comité de Empresa:
Convocatoria de reunión ordinaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario