22/04/21

Resumo da reunión da Comisión Paritaria do Convenio

 Hoxe constituise a Comisión Paritaria do Convenio Colectivo cos seguintes representantes:


Concello de Betanzos: Diego Fernández, Andrés Teijo e Mónica Carneiro

CIG: Silvia Muíño

UGT: José Luis Sobrino

CSIF: Marta Castaño


A reunión non se presentaba como de negociación polo único punto da orde do día, que poñía “valoración” e porque pola parte do Concello só asistiu un dos compoñentes, en concreto Diego Fernández.


Polo que respecta á valoración do Convenio colectivo, o Concello indicou que o Convenio é un texto maximalista e que está satisfeito coa implantación do documento, coas melloras a nivel de xestión e desde o punto de vista xurídico. Lembrou que están pendentes varias modificacións do anterior período de negociación e que a intención é seguir con elas adiante.


A CIG denunciou 4 anos de pasividade do goberno de María Barral que supuxeron a desactivación das funcións da Comisión Paritaria, pola inexistencia de acordos efectivos e mais as continuas interpretacións unilaterais que o Concello de Betanzos fixo nos últimos anos e mesmo en detrimento dos dereitos do persoal e ser nin sequera dar conta na Comisión Paritaria do Convenio colectivo. Tamén fixo unha serie de propostas de mellora do Convenio colectivo na liña das xa negociadasmais non acordadas anos atrás e algunhas outras novas con propostas do persoal.


O concelleiro de Persoal adiantou que a modificación do sistema retributivo a través do Convenio vai agardar a que estea resolto o recurso contra a Relación de Postos de Traballo e mais que pase o prazo de presentación do recurso aos recursos de alzada que vén de denegar o pleno e que poderían continuar a tramitación. Polo demais, amosou a disposición a negociar as propostas que se presenten.


Tamén adiantou que en maio convocarán a Mesa Xeral de Negociación para aprobar a Oferta Pública de Emprego cos postos vacantes da RPT e que con posterioridade se iría modificando a RPT coas novas sentenzas e sairían novas ofertas para a consolidación dos postos do persoal laboral temporal. Así mesmo, que pretende que esta consolidación se cinxa polo que indica o Estatuto Básico do Empregado Público no relativo aos postos ocupados antes de 2005 e con posteridade e que a intención do Concello é que os procesos sexan por concurso oposición e un reparto da porcentaxe do 40%e 60%. Reafirmou a intención de levar adiante os procesos de consolidación do persoal laboral de inmediato.


Ningún comentario:

Publicar un comentario