Mañá, xoves 27 de setembro de 2012 está convocada a reunión ordinaria do Comité de Empresa coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se proceder, das actas das dúas sesións anteriores
2. Valoración da nova Relación de Postos de Traballo
3. Última Mesa Xeral de Negociación
4. Solicitudes rexistradas
5. Aplicación do Decreto 20/2012 no Concello de Betanzos. Última información.
6. Quenda de intervencións
Os delegados e delegadas da CIG do Concello de Betanzos proporán no Comité de Empresa, logo de expresar a súa valoración con respecto á RPT, ao Plan de Emprego e ao Capítulo XII do orzamento, que o Comité de Empresa, como máximo representante dos traballadores que presente alegacións contra os documentos aprobados inicialmente. Así, estas alegacións aos tres documentos que se afectan ao persoal serían presentadas ao día seguinte no rexistro e aínda en prazo e pretenden poñer de manifesto o circo que supón esta RPT e a escasa reflexión que o goberno municipal tivo sobre esta toda vez que presenta unha cantidade importantísima de erros de vulto e que consideramos moi graves.
Dende a CIG, pois, pretendemos parar este atraco aos traballadores e para iso centramos nos últimos días os nosos esforzos en tres eixes, o asesoramento aos traballadores que presentan reclamacións individuais, a elaboración das reclamacións do propio sindicato con base xurídica que permita ir a un contencioso se isto segue para adiante e as alegacións que presentaremos mañá ante o Comité de Empresa cunha relación polo miúdo de todos os erros detectados que solicita a subsanación destes antes da aprobación do documento final coa idea de que se aproben e que o máximo organismo de representación do persoal laboral tamén se pronuncie con respecto a este tema de vital importancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario