14/09/12

ABERTO O PRAZO DE ALEGACIÓNS Á RPT

O Boletín Oficial da Provincia de onte, xoves 13 de setembro de 2012 vén de facer público o anuncio da aprobación de orzamento para o 2012, o anexo de persoal, a RPT e o Plan de Emprego por reasignación de efectivos. Dende hoxe e durante quince días poderanse presentar alegacións a esta Relación de Postos de Traballo que supón un atraco a man armada a moitos traballadores, o prazo, pois, está aberto dúas semanas. 

No vindeiros días informaremos puntualmente, e logo de que dende a CIG teñamos feitas as alegacións a todo o documento, dun horario especial de apertura do local do Comité de Empresa ao que os traballadores se poderán achegar para consultar toda a documentación relativa ás modificacións da súa praza e como presentar alegacións individual. 

 Hai meses que a negociación cos representantes dos traballadores está completamente rota e isto non é máis que a gota que colma o vaso, o exemplo de que o goberno municipal non entende de diálogo porque cando non é quen de negociar cos seus propios traballadores e chegar a acordos “dentro da casa”, perpetúa as desigualdades e as discriminacións e salta por riba da lei dificilmente poderá funcionar ben o propio Concello. 

Lembra, agora é o momento de alegar contra as discriminacións, o Concello leva meses defendendo no xulgado a validez da RPT do ano 2008 ao dicir que non tivo ningunha alegación e que foi aceptada sen problema polos representantes dos traballadores daquela e mais polos propios traballadores, iso non pode volver pasar PORQUE TEMOS DEREITOS E TODOS DEBERIAMOS SER TRATADOS IGUAL por iso dende a CIG xa estamos a elaborar as alegacións e presentarémolas canto antes!

Podes consultar o anuncio do BOP aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario