A Secretaría de Muller da CIG informa que acaba de saír publicada no DOG a resolución que regula as axudas dirixidas aos homes e familias monoparentais, que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013 se acollesen a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado dos/das fillos/as.
Poderán beneficiarse das axudas previstas nesta resolución:
-
Homes que se acollan á redución de xornada e sexan traballadores
por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións
públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado
e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o
seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios
das sociedades cooperativas, sempre que estes últimos pertenzan ao
réxime xeral da Seguridade Social.
-Familias
monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou muller, sexa
traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada. Por
familia monoparental enténdese o núcleo familiar composto por un
único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa
cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as
fillas menores ao seu cargo.
Para
ter dereito a axuda deberase manter a situación de redución de
xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos. O
período máximo subvencionábel será de oito meses comprendidos
entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013. En ningún caso o
período para o cal se solicita a subvención pode coincidir co
permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou
excedencia para a mesma finalidade.
A
contía desta axuda estará en función da porcentaxe de redución de
xornada laboral gozada, da duración desta e do número de fillas/os
a cargo da persoa solicitante.
Os
formularios de solicitude pódense descargar no documento anexo a
esta nova, na sede electrónica da Xunta de Galiza
(https://sede.xunta.es).
O prazo para presentar as solicitudes é dun mes contado a partir do
día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial
de Galiza (DOG do 22 de maio de 2013).
Ningún comentario:
Publicar un comentario