O Comité de Empresa convoca para o vindeiro martes 28 de xullo ás 20.10 h, antes do pleno municipal, unha concentración contra o desmantelamento e a privatización do servizo de limpeza municipal. O horario non será definitivo ata que se convoque o pleno e é posible que varíe levemente en función do horario da convocatoria.
Logo da comunicación enviada aos partidos políticos amosando a preocupación polo estado do servizo a situación para nada mellorou, posto que días despois de quitar a unha traballadora de limpeza do CEIP Francisco Vales Villamarín do seu posto o Concello meteu no seu lugar a unha traballadora dunha empresa privada que xa prestou servizos no mes de xuño nas dependencias municipais sen que o goberno municipal informase en ningún momento ao Comité de Empresa. A maiores o vindeiro día 1 de xuño o servizo de limpeza de edificios ficará sen efectivos ao comezar as vacacións os únicos dous traballadores de limpeza de que dispón o Concello na actualidade e o Concello segue sen cubrir baixas nin vacantes e sobrecargando ao escaso persoal que queda de traballo.

Hoxe mesmo o concelleiro de Persoal recibiu aos representantes do Comité de Empresa e indicou que acaba de solicitar informe ao secretario municipal para a cobertura das baixas, mais non hai que esquecer que isto chega xa bastante tarde, cun servizo en descomposición e con dous intentos de pivatización, primeiro no mes de xuño nas dependencias municipais e estes días no CEIP Francisco Vales Villamarín, ademais de que na última reunión na que estaba presente o alcalde o propio concelleiro incidiu en que non se solicitaran informes por escrito mais que as baixas non se cubrían porque verbalmente o informaran de que non era posible. O certo é que os vaivéns de opinión do Concello e a falta de determinación e toma de decisións están derivando nun claro deterioro do servizo público que ben podería servir de escusa para a privatización, e non observamos ata o momento unha vontade explícita para adoptar solucións.
Por todo isto, contra a privatización dos servizos públicos, o desmantelamento do servizo de limpeza e en apoio ás compañeiras de limpeza do aulario despedidas que veñen de facer as reclamacións previas contra os despedimentos improcedentes o Comité de Empresa convoca esta concentración previa a un pleno no que Betanzos Novo, Compromiso por Galicia e Bloque Nacionalista Galego confirmaron que levarán propostas para buscar solución a este grave problema que está afectar seriamente ao servizo público de limpeza e que leva anos arrastrando e agravando a pésima xestión en persoal do goberno municipal.
CONTRA O DESMANTELAMENTO DO SERVIZO DE LIMPEZA
CONTRA A PRIVATIZACIÓN
SERVIZOS PÚBLICOS, SI GRAZAS

Ningún comentario:
Publicar un comentario