Ergonomía
Manter
unha boa postura é fundamental para evitar problemas de saúde. No
caso dos traballos sedentarios, as malas posturas poden dar lugar a
dores de espalda, de cabeza, fatiga visual e cansanzo crónico entre
outros. A día de hoxe, o teléfono móbil ou smartphone ten un
espazo moi importante na nosa vida tanto como ferramenta de traballo
como na nosa vida fora do traballo. O emprego que facemos del pode
ter consecuencias importantes dende o punto de vista ergonómico, xa
que a postura que adoptamos para consultalo ou traballar con él
supón unha presión sobre as vértebras do pescozo. Presión que
pode dar lugar a dores de cabeza e lumbares.
A
postura que adoptamos cando consultamos o teléfono, cunha
inclinación do pescozo duns 60 grados, unido ao peso que exercemos
sobre a zona e a que mantemos ésta posición forzada do corpo
durante períodos de tempo superiores a dous minutos son causa
directa do emprego desta tecnoloxía.
Ademáis
dos problemas ergonómicos asociados ao emprego do teléfono móbil,
non podemos deixar de citar a adicción que que provoca en moitas
persoas, que viven totalmente "enganchadas". O corto
animado realizado
por un estudante chinés, premio anual da Central Academy of Fine
Art, reflexiona sobre as consecuencias desta adicción, a través dun
esaxerado humor negro, que describe o que lles sucede ás persoas que
son incapaces de deixar de prestar atención ao dispositivo que levan
na palma da man.
Ningún comentario:
Publicar un comentario