O Xulgado do Penal 2 de Vigo
acolleu a vista de conformidade deste caso, no que os acusados, tres
arquitectos, tres aparelladores, o xefe de obras da construtora e o
encargado de obras do edificio, aceptaron a condea. O suceso tivo
lugar en 2009, nas obras de construción dun edificio, cando unha
limpadora se precipitou ao valeiro dende unha altura de máis de sete
metros ao pisar un falso chan de lana de roca, falecendo a
consecuencia das feridas sufridas; o falso chan estaba situado nun
oco que non tiña ningún tipo de sinalización.
A condena engade seis meses de
inhabilitación para elaborar e coordinar estudos e plans de
seguridade laboral e unha multa de catro meses a razón de 15 euros
diarios. A dous dos acusados se lles substitúe a pena de prisión
por unha multa de 9.720 euros, mentras que para o resto acórdase a
suspensión a condición de que en dous anos non volvan a delinquir,
en cuio caso cumprirían as penas de cárcere.
Segundo o fiscal, que lembrou que
un ano antes ocurrira un accidente similar por circunstancias
similares con resultado de un traballador ferido grave, a falta de
previsión de medidas específicas e concretas de protección para os
ocos das instalacións existentes na edificación onde se produciu o
accidente foi a causa principal do sinistro, aínda que tamén
contribuiu ao mesmo a deficiente dirección facultativa da execución
da obra, que sendo consciente do perigo, non tomou as medidas
oportunas para protexer os ocos, e a deficiente coordinación de
vixilancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario