Psicosocial
A
atención das mensaxes de correo, chamadas telefónicas ou calquera
outro tipo de interrupción que nos aparta da execución das tarefas,
ten un custe en tempo que excede do que é o propio da atención;
existen diversos estudos que indican que para volver á tarefa
inicial, logo dunha interrupción, debemos empregar valiosos recursos
cognitivos para reorientar as respostas e acadar o grao de
concentración que tiñamos no momento da parada. As continuas
interrupcións que se realizan para atender correo electrónico,
chamadas telefónicas ou calquera outro requerimento externo á
tarefa (ladróns de tempo) provocan no traballador/a unha sensación
de perda de tempo, pois ve como se reduce a súa produtividade, de
cansanzo e de letargo.
Segundo
unha investigación da Universidade de California, cando estamos
absolutamente absortos nunha actividade calquera, as distraccións
menores poden ter un efecto profundo, de tal xeito que podemos tardar
unhs 20 minutos en recuperar o estado de concentración que tiñamos
no momento da interrupción.
Os
resultados dunha enquisa realizada por TNS Investigación, encargada
por Hewlett Packard, amosan que a metade dos profesionais enquisados
responde os correos electrónicos antes dunha hora de recibilo, e
ademais un de cada cinco é capaz de renunciar a unha tarefa ou a un
compromiso social, para responder as súas mensaxes; así mesmo, tres
de cada dez persoas pensan que os que responden a mensaxes nunha
reunión presencial non son uns maleducados, senón que cren que
facelo demostra dilixencia e eficiencia.
Un
experimento realizado na Universidade de Londres revela que permitir
que o noso traballo sexa continuamente interrompido por distraccións,
aparentemente inofensivas, como poden ser os correos electrónicos,
mensaxes de texto, chamadas telefónicas, etc., suponnos perder 10
puntos do noso coeficiente intelectual, para a realización da tarefa
principal.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario