O goberno municipal teima en non cubrir a dirección da Escola Infantil Municipal cando a directora desfruta dos permisos e licenzas que lle corresponden, a pesar de que o concelleiro de Persoal coidamos que entendera que isto era algo grave e tiña que se solucionar. Por iso, e ante a preocupación do persoal que fica sen persoa de referencia de xeito oficial, o Comité decidiu, unha vez máis insistirlle ao Concello na necesidade e obrigatoriedade de que nomee provisionalmente unha directora accidental cando a persoa titular desfruta dos seus permisos e que, por suposto, indemnice do xeito correspondente á persoa que asuma funcións do posto de superior responsabilidade, tal e como é preceptivo.
O Comité tamén lle lembrou a importancia de que exista unha persoa de referencia, e a necesidade para o persoal que non ten porqué asumir responsabilidades que non lle corresponden nin que non se tramitan do xeito adecuado e de que debe ter en conta a especial delicadeza desta situación ao falarmos dun centro onde acoden pequenos e pequenas e a necesidade da existencia da dirección ante calquera incidente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario