Nos pasados días os delegados de prevención do persoal laboral solicitaron información sobre o Plan de Coordinación de actividades empresarias da empresa ou empresas contratadas para a Feira Medieval. Xa case dicimos empresas porque de apoio toda a cidadanía podía ver que hai persoal tamén doutra empresa que non é a que gañou o concurso da feira, o que complica aínda máis a situación e debería haber diversos plans de coordinación.
Ben, en todo caso e atinxindo simplemente á empresa que gañou o contrato para apoio á Feira Medieval, porque deslear o entramado de empresas privadas que na actualidade traballan neste Concello xa case comeza a ser un encrucillado, o Comité solicitou o Plan de coordinación de actividades empresariais que necesariamente debe haber entre empresas nas que hai concorrencia de actividades. Neste caso é unha obviedade cando o persoal contratado pola empresas (casualmente cada ano diferentes empresas e o mesmo persoal, cousas da privatización...) non só traballa e ten despacho nas propias oficinas da Casa do Concello senón que anda ás súas anchas por todas as dependencias municipais e traballa en concorrencia cos traballadores públicos.
Por todo isto, os delegados mencionados quixeron deixar constancia da situación, tal e como farán tamén na próxima reunión do Comité de Seguridade e Saúde e solicitáronlle ao Concello que lle achegase toda a documentación relativa á seguridade e saúde laboral e o Plan de coordinación da empresa contratada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario