Os delegados de prevención do persoal laboral presentaron, un ano mais, unha queixa porque as oficinas administrativas da Casa do Concello se converten varias veces ao ano nunha feira total. Os enseres, mobles, cadeiras, teas... ateigan a entrada, escaleiras e todo o edificio cando Betanzos volve ao medievo. Se o goberno municipal quere destinar a Casa do Concello, especialmente a entrada, como almacén, que faga o que lle pete, o que non pode é dispoñer de oficinas administrativas e interromper a entrada con riscos non avaliados coas conseguintes situacións para o persoal e a cidadanía. Este tipo de cousas nunca pasan, casulamente, nas Oficinas Xerais ou nas dependencias de Servizos Sociais, sempre é a Casa do Concello a que é utilizada como almacén.
Os delegados de prevención solicitáronlle ao Concello que tome as medidas oportunas para solucionalo e que mentres este edificio estea avaliado como oficinas administrativas deixe de ser utilizado nas zonas de paso como almacén municipal, ademais de lembrarlle os riscos que isto supón no caso de que haxa que realizar unha evacuación ante calquera problema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario