Convoca
unha concentración diante do Parlamento de Galiza o vindeiro luns 4
de decembro ás 10:00 horas
A
CIG mobilizarase o vindeiro día 4 de decembro diante do Parlamento
de Galiza coincidindo co pleno no que o Partido Popular laminará
definitivamente a ILP por unha tarifa eléctrica galega, baleirándoa
de contido e mesmo pasando a chamala “Lei de eficiencia enerxética
e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica”. Así o
acordou a Executiva Confederal na xuntanza celebrada este martes día
22 de novembro.
Para
a CIG é inadmisíbel que o PP fulmine deste xeito unha Iniciativa
que tiña o obxectivo de articular medidas para garantir a enerxía
como servizo público para o desenvolvemento económico e industrial
de Galiza, como un dereito universal de todas as persoas ao benestar
social e contra a pobreza enerxética.
A
central sindical considera ademais “indecente” que o PP votara ao
seu favor, xunto co resto dos grupos parlamentarios en maio de 2016,
e que agora acabe con ela, demostrando así que non lle preocupa a
pobreza enerxética, nin as condicións de vida das galegas e galegos
e que tampouco lle importa o desenvolvemento económico e industrial
de Galiza. “Só a apoiou daquela como parte da súa campaña
electoral diante da inminente celebración das eleccións galegas”.
O
secretario xeral da CIG, Paulo Carril, asegura que esta posición
constata tamén o “nulo respecto que merece para o partido e o
goberno encabezado por Feixóo a vontade popular” e considera que é
“unha grave deserción na defensa dos intereses dos galegos e das
galegas por non procurar que os nosos recursos enerxéticos revertan
no beneficio do país”.
Neste
sentido, lembra que esta ILP, ademais de ser aprobada por unanimidade
no Parlamento de Galiza, chegou á cámara respaldada por máis de
18.000 sinaturas, as Deputacións provinciais da Coruña, Pontevedra
e Lugo e máis de 50 concellos, entre eles os de 6 das 7 principais
cidades de Galiza.
Xustificar
o inxustificábel
Na
xuntanza mantida con representantes do grupo parlamentario popular
estes xustificaron o completo baleirado de contido da ILP por unha
tarifa eléctrica galega asegurando que non sería beneficioso para
Galiza ter unha tarifa diferenciada, aínda que non foron quen de
explicar por que.
Ademais
trataron de avalar a súa posición argüíndo que a comunidade
autónoma non ten competencias, “poñendo así en cuestión os
informes dos servizos xurídicos da cámara, que dixeron até en 3
ocasións que si, ademais do informe inicial que permitiu que se
admitira a trámite”, lembra Carril.
Os
representantes do PP defenderon ademais que estamos nun Estado onde o
criterio da solidariedade prevalece, así que, neste mapa territorial
non procede. “Unha solidariedade que porén, non se ten con Galiza
que, malia exportar grande parte da enerxía eléctrica que produce,
en torno ao 40%, non recibe ningún beneficio, a pesar das
importantes repercusión negativas do punto de vista social e
medioambiental, con vales fértiles asolagados, desprazamento de
poboación e contaminación derivada da actividade das centrais
térmicas”, subliña o secretario xeral.
No
referido á pobreza enerxética, o PP asegurou ademais que é un
problema que non interesa en Galiza e que ademais está solucionado
desde o goberno do Estado, cando todos os informes ao respecto
aseguran o contrario.
Para
Carril todos e cada destes argumentos son “lamentábeis” e aínda
máis o é que “o PP renuncie a que poidamos utilizar un recurso
tan valioso en beneficio do noso desenvolvemento económico e
industrial e na xeración de emprego, así como na mellora da
calidade de vidas das galegas e galegos”
Xunto
a isto lembra que, deste xeito, o PP renuncia tamén a “dar
solución á situación de industrias asentadas en Galiza que
desenvolven procesos produtivos intensivos”, como Alcoa ou Celsa
Atlantic, entre outras.
Por
iso fai un chamamento a mobilizarse “contra esta clamorosa renuncia
a respectar a vontade democrática expresada a través desta
Iniciativa Popular que contou cons máximos apoios”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario