03/11/17

Curso de informática e correo electrónico: accede e descarga a túa nómina

O Concello de Betanzos convoca un curso para o persoal do Concello "de informática e correo electrónico", onde se explicarán pautas básicas para acceder ao correo electrónico e descargar documentos.

Este curso é especialmente importante porque, segundo informan, en breve o Concello deixrá de imprimir as nóminas en papel e o persoal tan só as recibirá por correo electrónico.

O curso será o vindeiro 27 de novembro entre as 10:00 h e as 12:00 h na Aula Cemit.

Para calquera dúbida podes consultar en cemit.betanzos@xunta.es ou no 981770 011 (ext. 2401).

Ningún comentario:

Publicar un comentario