A pasada semana os representantes do Comité de Empresa tiveron unha reunión co concelleiro de Persoal na que se solicitou información sobre, entre outros, os seguintes temas:
Aplicación
efectiva dos acordos da Comisión Paritaria do 18 de xullo.
Pregúntámoslle ao concelleiro pola aplicación efectiva dos acordos da comisión paritaria que tivemos hai quince meses, e cuxas decisións deben ser executadas de inmediato, en concreto, a resposta sobre os seguintes temas pendentes foi:
- Complemento de dispoñibilidade. Pendente de cobro mensual do complemento e dos atrasos desde a entrada en vigor do convenio, aínda que desde o 22 de setembro está pasada a proposta ao departamento de Persoal, que é ten pendente facer efectivo o acordo e solucionar este proble,a
- Definición do termo “eventos” para o complemento de funcións extraordinarias. O Comité achegou unha proposta e o Concello comprometeuse a negociar isto, para solucionalo, cómpre que se reúna a Comisión Paritaria, e o concelleiro comprometeuse a que se reúna proximamente. Insistimos na discriminación que está a supor pagarlle o Complemento de Funcións Extraordinarias ao persoal que cubre as Festas de San Roque a Feira Medieval e non ao que cubre outro tipo de eventos igualmente organizados polo Concello fóra de xornada laboral e cubertos por persoal municipal.
- Aplicación dos criterios acordados de absorción da RPT. Na última reunión que mantivemos o concelleiro indicou que coa suba do 1% de 2017 xa se aplicarían os novos criterios de absorción da CPT mais finalmente non foi así. Nesta nova reunión afirmou que a proposta de criterios iría a aprobación plenaria no mes de decembro e con posterioridade aplicaríanselle os novos criterios ao persoal que ten esta CPT e pagaríanse os atrasos correspondentes. O Comité manifestoulle especialmente a súa preocupación polo tema dos atrasos, tendo en conta que cobralos en 2018 podería supor ter que realizar unha declaración complementaria e que non cobralos suporía un prexuízo derivado da demora da toma do acordo defitivo no Pleno da Corporación.
Suba
do 1% (2016) e 1%(2017) nas retribucións: horas extraordinarias
Detectamos que as
retribucións contempladas no convenio como “extraordinarias” non
tiveron a suba do 1% con respecto ao ano 2016 nin a recente suba do
1% do anos 2017, polo que solicitamos que isto se corrixa de
inmediato e se lles pague a diferenza e os atrasos correspondentes ao
persoal afectado. Ademais, isto vén supoñendo unha discriminación nas horas extraordinarias do persoal laboral con respecto ás gratificacións do funcionariado, que si que cobraron a cantidade correspondente, tendo en conta que as gratificación as cobran segundo salario e non segundo unha contías fixadas no acordo, como o persoal laboral.
Nova
Relación de Postos de Traballo
Non hai demasiadas novas deste tema, e o certo é que sempre se fala de que van entregar un segundo borrador que non nos dá chegado aos representantes dos traballadores. Non obstante, transmitímoslle a nosa preocupación porque tal e como están recollidos algúns postos de traballo e encadrados nas categorías profesionais correspondentes impedirían o acceso á consolidación dos traballadores que os ocupan na actualidade pola falta da titulación correspondente e manifestámoslle que se efectivamente é un proceso de consolidación para o persoal laboral do Concello o persoal debería poder acceder, aínda entendendo que isto podería supor modificacións nos postos recollidos na Relación de Postos de Traballo.
Axudas
sociais ano 2017
Tendo en conta que aínda non se convocou a Mesa Xeral de Negociación para a negociación dun novo regulamento de axudas sociais manifestamos que sería adecuado convocar xa e en prazo a convocatoria de axudas sociais do ano 2017 co compromiso da aprobación en decembro do novo regulamento, a posterior aprobación polo pleno e a entrada en vigor no ano 2018, polo que entendemos que moi proximamente o Departamento de Persoal debería comunicar a apertura do prazo de solicitude das axudas sociais do ano 2017. Así mesmo, o concelleiro confirmou que todo o persoal cun contrato laboral co Concello tería dereito a estas axudas porque preguntamos concretamente polo persoal do obradoiro, cunhas retribucións que van por fóra de convenio, mais que no resto si que rexirían polo rexime de dereitos do persoal laboral deste Concello.
Solicitudes
do persoal sen resposta
Insistiuse nos recoñecementos de antigüidade pendentes, tanto os derivados das readmisións do antigo persoal do GRUMIR, como os derivados da entrada en vigor do convenio colectivo grazas ao cal o persoal laboral ten dereito ao recoñecemento de antigüidade en calquera administración pública. Este tema xa está para se solucionar e o Concello comezou a comunicar as primeiras resolución de concesión de antigüidade polos servizos prestados noutras administracións do persoal laboral do Concello de Betanzos.
Tamén están pendentes as indeminizacións por asistencia a tribunais de todo o persoal, tanto laboral como funcionario, e segundo informou o concelleiro, na actualidade están na Intervención municipal para a súa revisión e fiscalización.
Finalmente transmitímoslle a nosa preocupación polos cambios de horario na Escola Infantil Municipal sen comunicación por escrito, a pesar da insistencia do persoal afectado e que vulnera os dereitos do persoal, ao que lle modifican condicións laborais que non lle constan en ningún documento.
Outros temas
Escola Infantil Municipal. Advertímoslle a un concelleiro que en decembro finalizaba un contrato por acumulación de tarefas na Escola e o compromiso era ter cuberto sempre ese posto baixo esa figura, por tanto deberían telo previsto. Así mesmo, manifestámoslle a nosa preocupación porque o persoal ten solicitados permisos para decembro e agardabamos que, como pasou en anos anteriores, non se lles negasen a última hora, pola falta de previsión, e se lles negasen os seus dereitos ás traballadoras do Concello.
Limpeza. Instamos ao Concello a que tire das listaxes de substitución para cubrir as baixas, non dunhas empresa privada, que para iso están as listaxes. O Concelleiro comentou que fixera a proposta en Persoal para cubrir as baixas pola listaxe mais que non se tramitara.
Formación
nos plans de emerxencia. Nas pasadas semanas o persoal do Complexo Cultural San Domingos e a Escola Infantil Municipal recibiu formación nos plans de emerxencia de ambos os edificios municipais, nos casos en que esa formación foi fóra do horario laboral informáronnos que poden solicitar esa compensación horaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario