Tras o reconto de votos e a
proclamación de candidaturas, tomou a palabra, xa como novo
secretario nacional, Xabier Picón, nunha intervención na que
salientou a unidade acadada neste Congreso, "que fai máis forte
a Federación e a nosa capacidade de acción sindical".
Ao tempo repasou “as tarefas que nos
agardan nestes próximos catro anos”, a comezar por un
fortalecemento da propia organización e a traballar máis
proximamente co conxunto da área pública da CIG.
O novo secretario federal lanzou un
chamado a recuperar a negociación colectiva como mellor ferramenta
para a defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores
das administracións. “Non podemos resignarnos a administrar as
migallas que caen das mesas de negociación. Para iso xa están UGT,
CCOO e CSIF, que comen directamente na mesma mesa que quen parasita
as administracións e os servizos públicos”, denunciou.
Por iso, engadiu Picón, “cando a
negociación faia toca facer acción sindical”. Unha acción
destinada a combater a taxa de reposición, a loitar contra a
precarización instalada nas administracións, marcadas pola
temporalidade e a degradación das condicións laborais, e a perda de
emprego de case 10.000 prazas. Animou a combater os acordos estatais
e galego para a suposta mellora do emprego público “e que na
realidade referenda o 50% da taxa xeral de reposición e supón a
morte de moitos servizos públicos”. A loitar por derrogar a Lei
2/2012 de medidas provisionais (que a pesar do seu nome xa se
converteron en permanentes) e a pelexar pola recuperación do poder
adquisitivo perdido ao longo destes anos.
Para encetar esta batalla cómpre
incrementar a representatividade e aínda que a CIG é primeira forza
no cómputo do período 2014-17 e o sindicato maioritario en cinco
comarcas e catro sectores, “temos por diante unhas eleccións
sindicais, nas que partimos dunha situación importante, pero
manifestamente mellorábel en canto a resultados”.
Independencia da CIG
Neste senso, salientou a independencia
económica da CIG que, a diferenza doutros sindicatos, se sostén
principalmente das cotas da afiliación, “o que nos garante unha
independencia da que outras centrais carecen. As subvencións
externas non condicionan a nosa actividade sindical”, aseverou.
“Temos ademais unha caixa de resistencia que nos permite afrontar
conflitos longos e isto tamén nos fai moito máis fortes”, porque
os “fondos que temos non son para estar parados, son para apoiar a
nosa acción sindical e a nosa presenza permanente na rúa”.
Nestes tarefa, destacou Picón, “temos
que visualizar o noso traballo”, polo que a presenza constante nos
centros de traballo faise imprescindíbel. Só así conseguiremos
“manter as traballadoras e os traballadores que representamos
plenamente informados e en permanente disposición para responder
ante calquera agresión”.
“Compañeiros e compañeiras, rematou
Picón, facemos un chamamento a que o noso berro se converta na nosa
realidade cotiá: coa CIG na rúa, a loita continúa”.
Consello Confederal
1.-Francisco Xabier Picón Picallos
2.- Cristina Hermida Monelo
3.-Consuelo Rodríguez Rodríguez
4.-Xan Carlos Ansía Rodríguez
5.-Enrique Parcero Rodríguez
6.-Roberto Tizón Miguéns
2.- Cristina Hermida Monelo
3.-Consuelo Rodríguez Rodríguez
4.-Xan Carlos Ansía Rodríguez
5.-Enrique Parcero Rodríguez
6.-Roberto Tizón Miguéns
Ningún comentario:
Publicar un comentario