Logo de seis meses sen recibir a información das horas extraordinarias do persoal laboral, de reclamarllo por rexistro ao Concello e lembrarllo en múltiples ocasións ao concelleiro de Persoal, a presidenta do Comité de Empresa puxo en coñecemento da Inspección de Traballo da Coruña que o Concello de Betanzos vulnera o Convenio colectivo ao non lle facilitar esta documentación, tal e como indica expresamente o documento que obriga á Admón. local a lle facilitar esta documentación con carácter mensual aos representantes do persoal. Fíxoo a través do rexistro na súa sede electrónica dunha solicitude que indicaba o seguinte:
Que
por medio do presente escrito formulo unha denuncia contra o Concello
de Betanzos, con domicilio en Praza de Galicia 1, Betanzos, A Coruña
con base aos seguintes feitos:
PRIMEIRO.
Que o Concello de Betanzos non lle entrega desde decembro de 2017 a
información correspondente ás horas extraordinarias do persoal
laboral ao Comité de Empresa do Concello de incumprindo a
Disposición adicional 3.ª do RD 1561/95.
SEGUNDO.
Que solicitamos esta información en diversas ocasións, tal e como
achegamos no documento anexo, ao longo deste tempo con respecto á
solicitude de información das horas extraordinarias realizadas polo
persoal laboral nos pasados meses e que en ningún caso tivemos
resposta en todos estes meses.
Polo
exposto, SOLICITO desta Inspección:
Que
tendo presentado este escrito o admita, teña por formulada unha
denuncia contra o Concello de Betanzos enriba indicado e, se o
estima, adopte as medidas que considere oportunas para que o Comité
de Empresa poida velar polo cumprimento da normativa en vigor na
materia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario