Desde o pasado verán, os representantes dos traballadores non tiveron máis información sobre moitos temas que fican pendentes de resolver, así como diversas cuestións que aínda están no aire e que son de negociación colectiva. Así mesmo, un ano e medio despois de que entrase en vigor o Convenio colectivo do persoal laboral son diversas as cláusulas que aínda non se fixeron efectivas e que fican pendentes de ser aplicar. Debido a isto a representante do persoal laboral ten previsto solicitar unha reunión co concelleiro de Persoal para solicitarlle información sobre os seguintes temas, logo de múltiples solicitudes por escrito sobre diversos deles, que non tiveron resposta:
1. Contratacións á marxe do Convenio colectivo do persoal laboral.
2. Data das revisións médicas e cumprimento do artigo 57 do
Convenio colectivo.
3. Prazos de implantación definitiva do sistema de control de
presenza no traballo.
4. Calendario laboral 2019 (xeral e específico).
5. Horarios
6. Falta de persoal en servizos varios e previsións de contratación.
7. Acordos da Comisión Paritaria de Seguimento do Convenio pendentes de cumprimento.
8. Aplicación das disposicións da Lei de orzamentos do Estado.
9. Axudas sociais 2018 e novo regulamento.
10. Negociación dos orzamentos 2018.
11. Recuperación do 100% do salario nas situacións de IT.
12. Problemas coa tramitación das horas extraordinarias.
13. Indeminizacións por asistencia a tribunais pendentes de
pagamento.
14. Previsións de cumprimento da cláusula adicional terceira do
Convenio colectivo.
Unha vez que teña lugar esta reunión informarémosvos puntualmente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario