Unha
empresa neozelandesa dedicada á xestión de patrimonio realizou unha
proba cos seus 240 empregados durante os meses de marzo e abril;
durante ese tempo reduciron a catro días a súa semana laboral pero
gañando o mesmo que se traballasen cinco días. Tras asegurar que o
experimento foi un éxito, a empresa decidiu implantar o novo horario
de maneira definitiva.
A
proba amosou que o 78% de empregados/as senten unha maior
conciliación entre a súa vida laboral e persoal reducindo a xornada
a catro días pero cobrando coma se traballasen cinco. Ademais, os
resultados amosan unha menor tensión no persoal e unha maior
satisfacción.
O
obxectivo do fundador da empresa foi que os seus empregados/as
tivesen un mellor equilibrio entre a súa vida profesional e persoal.
O día extra permite poñer en orde as xestións persoais e tarefas
domésticas, sen preocuparse de encaixalo durante a semana laboral, o
que favorece centrarse máis no traballo mentres están na oficina.
Os
resultados deste experimento concluíron que hai un aumento de
satisfacción tanto nas súas casas como no seu posto de traballo.
Así as respostas positivas en relación ao grao de satisfacción co
traballo incrementáronse un 24% respecto de meses anteriores; o
nivel de tensión do persoal baixou un 7% e mellorou a estimulación,
o compromiso e o sentido da responsabilidade dos empregados.
Coincidindo
coa proba de cambio horario, tamén se realizaron axustes
organizativos; así por exemplo, as reunións que se alongaban unhas
dúas horas agora axústanse a 20 minutos. Á vez, observouse que os
momentos de charla entre os empregados/as na cafetería reducíronse
notablemente, así como a necesidade de tomar descansos máis longos.
O
horario non será obrigatorio e só o terán os empregados que
desexen.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario