A EGAP convoca 47 edicións formativas
e 1750 prazas en cursos de lingua inglesa, francesa, alemá,
portuguesa e lingua de signos.
Requisitos dos/das participantes:
poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta
resolución o persoal ao servizo da Administración pública da
Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da
Administración institucional de Galicia, da Administración de
xustiza, das entidades locais de Galicia e de administración e
servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de
Galicia (UDC, USC e UVigo).
Matrícula: desde as 8 horas do 13 de
febreiro ata as 23.55 horas do 22 de febreiro
en https://egap.xunta.gal/matriculaO número máximo de
solicitudes limítase a tres.
Probas de nivel:
- Nas actividades de teleformación: ata o 22 de febreiro estarán dispoñibles na aula virtual da EGAP probas de nivel orientativas.
- Nas actividades presenciais: antes do seu comezo a EGAP convocarao a unha proba de nivel coa finalidade de crear grupos o máis homoxéneos posibles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario