A CIG dispón de 76 habitacións
reservadas en Panxón e O Carballiño
O prazo de inscrición nas Residencias
de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño, para as que a CIG dispón
este ano dun total de 76 habitacións reservadas, comezou o pasado
día 25 de maio. O prazo de inscrición é de 10 días hábiles e o
procedemento para achegar as solicitudes de praza nas Residencias de
Tempo Libre de Panxón-O Carballiño, é por medio do fax
981571082 ou do correo servizoseafiliacion@galizacig.gal
No caso de Panxón, dispoñemos de 38
habitacións: 1 habitación individual, 6 delas de 2
prazas, 5 delas de 3 prazas e 1 habitación de 4 prazas.
No caso do Carballiño, dispoñemos dun
total de 38 habitacións: 2 habitacións individuais, 8 delas de 2
prazas e 2 de 4 prazas.
O modelo oficial está recollido
no DOG nº 28 do 24 de Maio de 2019, pola Orde do 14 de
Maio de 2019 . Podedes descargalo na seguinte ligazón:
Poderán ser destinatarias todas as
persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía
dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras
legais e a distribución de prazas será compartida nun 50% entre a
Consellaría de Traballo e Benestar e as centrais sindicais, en razón
da súa representatividade.
O servizo de residencia consistirá
no aloxamento e mantenza en réxime de pensión
completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
Cada unidade familiar poderá solicitar
estadías para unha única residencia de tempo libre e
para unha ou varias quendas. Pero non se admitirán as
solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma
residencia nalgún dos dous anos anteriores.
Unha vez que a Consellaría de Traballo
e Benestar reciba as solicitudes que lle remitiremos desde a CIG, as
residencias comunicarán ás persoas adxudicatarias a concesión de
prazas, indicando o período que lles correspondeu (hai sete quendas
de dez días de duración distribuídas entre o 1 de xullo e o 10 de
setembro), as datas de iniciación e remate dos servizos, así como o
custo, indicando o tipo de habitación ou habitacións designadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario