16/05/19

Proposta de RPT. A discriminación de non aplicar o sistema de valoración a todos os postos

A proposta de RPT que o goberno municipal acordou co CSIF e CCOO, non só discrimina á meirande parte do persoal laboral do Concello de Betanzos pola exclusión dos postos, así como pola valoración acordada que defende que os traballadores laborais teñen que cobrar menos que os traballadores funcionarios polo mesmo traballo, senón que discrimina a todo o persoal fronte aos persoal con habilitación estatal, Secretaría e Intervención, ao excluír estes postos da valoración, e, consecuentemente, da aplicación do sistema retributivo que se lle aplica ao resto dos postos que contempla a RPT.

Desde o primeiro momento a CIG foi o único sindicato que amosou un rexeitamento firme a esta proposta do goberno municipal, que foi apoiada incondicionalmente desde o comezo especialmente polo sindicato dos funcionarios, o CSIF. A exclusión de dous postos da valoración incide na discriminación que pretenden perpetuar os que avalaron este documento e que crearía catro niveis de valoración dos postos diferentes para o persoal deste Concello.

Nivel 1. Postos que se inclúen e non se valoran, por tanto, manteñen as retribucións actuais, que non veñen determinadas por un sistema de valoración obxectivo e que son moi superiores ás que resultarían de se lle aplicar o sistema de valoración acordado polo goberno, CSIF e CCOO.

Nivel 2. Postos de funcionarios que se inclúen e que se valoran cuns parámetros máis beneficiosos ca outros, e que deriva nunha discriminación con respecto aos postos de laborais que non se xustifica.

Nivel 3. Postos do persoal laboral que se inclúen mais que se infravaloran inxustificadamente fronte os postos do persoal funcionario.

Nivel 4. Postos do persoal laboral que se exclúen na RPT, e por tanto, nin sequera contan cunha valoración.

A CIG defendeu que o sistema de valoración acordado, fose cal fose, debía aplicarse á totalidade do persoal, sen exclusións e sen privilexios e en igualdade de condicións na valoración para todo o persoal. Ficou claro, pois, que CSIF e CCOO seguen apoiando as exclusións e os privilexios, avalados pola proposta do goberno municipal, que desde un primeiro momento quixo savalgardar os intereses de determinado colectivo, por riba do resto do persoal do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario