07/05/19

Reunións cos partidos da oposición pola Relación de Postos de Traballo

Tal e como informamos ao pouco de que CSIF e CCOO acordasen co goberno municipal unha nova Relación de Postos de Traballo que exclúe e discrimina ao persoal laboral, a CIG solicitoulle unha reunión aos distintos partidos da exposición para lle expor os motivos polos que non apoia esta RPT discriminatoria e excluínte.

Nas pasadas semanas, a representante da CIG tivo reunións cos distintos partidos da oposición que se amosaron receptivos ante as discrepancias amosadas co documento acordado coa minoría dos representantes dos traballadores, encabezada por CSIF e CCOO.

En principio, tanto Betanzos Novo, como o Bloque Nacionalista Galega e Betanzos en Común expresáronnos que no caso de se levar o documento ao pleno votaría en contra, así mesmo, nalgún caso indicaron que no caso de se levar ao pleno nos solicitarían unha nova reunión.

Co PP a día de hoxe aínda non mantivemos unha reunión, xa que por distintos motivos, non relacionados coa dispoñibilidade da nosa parte, esta non tivo lugar, polo que descoñecemos cal sería a postura do Partido Popular con respecto a esta Relación de Postos de Traballo no caso de que o goberno municipal a pretendese levar á aprobación plenaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario