A
ministra de Emprego, Fátima Báñez, anunciou a aprobación por
parte do Consello de Ministros o pasado venres do Real Decreto
1483/2012 de despedimentos colectivos, que será de aplicación a
todo o persoal laboral das
Administracións Públicas (non só ao persoal laboral temporal,
senón tamén ao persoal fixo por oposición). O dito decreto vén de
ser publicado
no BOE do 30/10/2012.
De
acordo co Título III do dito real decreto 1483/2012, abondaría
para aprobar o despido colectivo do persoal laboral nun determinado
organismo ou departamento, por causas económicas, a insuficiencia
orzamentaria sobrevida e persistente, entendida como a diminución
dun 5% do orzamento dun organismo respecto do exercicio anterior, ou
do 7% nos dous anos anteriores; mentres que, para aprobar o despido
colectivo por causas organizativas, abondaría con xustificar que a
externalización do servizo producise unha redución de custos (art.
35.3.b) do RD 1483/2012).
Na
práctica, isto permítelle ao Partido Popular, tanto no Goberno da
Xunta como a nivel do Estado, producir por razóns
políticas as causas que habiliten o despedimento de
persoal laboral.
No
decreto, por outra banda, nin sequera se garante a preferencia de
permanencia do persoal laboral fixo, que será meramente potestativa
para o organismo que aprobe o despedimento colectivo no caso do
persoal laboral que superase un proceso selectivo (art. 41.1 do RD
1483/2012).
Dada
a gravidade extrema desta medida, que constitúe ademais un
claro referente para unha hipotética reforma do Estatuto
básico do empregado público que remate coa garantía de
emprego do persoal funcionario, a CIG-Autonómica anuncia que
adoptará todas as medidas posibles a nivel xudicial contra este real
decreto e chama a todos os traballadores e traballadoras da Xunta a
secundar todas as accións en contra das políticas do Partido
Popular e da Troika, que esixen unha mobilización contundente na
vindeira folga xeral convocada para o 14 de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario