28/10/12

O PP propón reducir os salarios dos empregados públicos polas ausencias sen baixa médica

Segundo informacións aparecidas nos medios de comunicación, o Partido Popular veñen de introducir unha emenda aos orzamentos xerais do Estado para o ano 2013 na que propoñen ampliar o recorte de salario en caso de baixa por incapacidade temporal aos días nos que os empregados se ausenten por enfermidade, sen chegar a existir parte de baixa.

O motivo declarado polo PP, segundo se informa na prensa, sería o de evitar o "absentismo" dos empregados públicos: en realidade, estaríamos ante un novo recorte salarial e de dereitos, que procura ademais denigrar a imaxe dos servidores públicos, perseguindo a ocultación ante a opinión pública dos verdadeiros motivos e causantes da crise económica. 

Este anuncio coincide temporalmente coa aprobación do real decreto de despidos colectivos nas Administracións Públicas, marcando con meridiana claridade a liña política e económica que pretende continuar o Goberno nos vindeiros meses e contra a que, desde a CIG-Autonómica, convocamos a todo os empregamos públicos a loitar na vindeira folga xeral do 14 de novembro.
De autonomica.cigadmon.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario