Tal e como informamos con respecto ás alegacións do Comité de Empresa aos documentos relativos ao persoal e presentados no pasado mes de xullo ante o Pleno para a súa aprobación presentáronse alegacións aos tres documentos que se achegaron na Mesa Xeral de Negociación.
Con respecto ao Plan de Emprego a documentación que o Concello achegou é unha memoria de
xustificación do Plan de Emprego do concelleiro de Persoal, Diego
Fernández López. Nesta memoria comézase facendo alusión a un
informe da Secretaría municipal sobre todos os efectivos de persoal
do Concello de Betanzos que conclúe que se precisa un plan para a
reasignación de efectivos. Este informe non foi facilitado xunto coa
documentación achegada na Mesa Xeral do 30 de xullo e consideramos
que é de vital importancia para o coñecemento da situación de todo
o persoal laboral debido á falta de documentación por parte dos
representantes sindicais neste Concello, por iso a CIG solicitou por rexistro este informe que non estaba en exposición pública xunto co resto da documentación durante o período de consultas do orzamento, mais a día de hoxe o Concello aínda non llo facilitou.
Nas
consideracións con respecto á formulación da nova RPT e a
elaboración do Plan de Emprego hai que destacar que se propón o
peche do Centro de Formación Ocupacional baseándose principalmente
na escasa actividade do cento mais subliñando que no caso e que haxa
cursos o monitorado cubrirase con persoal ocasional e temporal a
través de contratación externa, enténdese pois que o que se está
a facer é a redestinar ao persoal municipal a outros servizos para
proceder a cubrir esas prazas no momento que faga falta con novo
persoal, é obvio que hai moitas contradicións.
Así
mesmo, indícase que como teñen en conta que non é unha
modificación colectiva se lles dará aos traballadores traslado
previo e audiencia no expediente durante quince días, cando en
ningún momento o propio documento do Plan de Emprego foi público
ata que se entregou na Mesa Xeral de Negociación do 30 de xullo e os
traballadores afectados non se lles comunicou por escrito
absolutamente nada ata o día de hoxe con respecto ao Plan de Emprego
e as modificacións que os seus postos sufrirían, é claro, pois, se
é así, que non tiveron audiencia no expediente durante quince días.
Hai que facer fincapé en que a propia memoria
indica que o Plan de Emprego debería ser informado previamente á
Mesa Xeral de Negociación polo Comité de Empresa tal e como indica
o artigo 19 do Convenio colectivo do Persoal laboral e a día de hoxe
o Comité de Empresa non foi requirido para a realización de tal
informe e nin sequera se lle achegou ao Comité omo tal ningunha
documentación relativa ao Plan de Emprego, este trámite que se
indica como necesario nin sequera foi realizado polo Concello que
directamenta chegou á Mesa Xeral a un día
do Pleno e sen posibilidade de negociación e achegou un Plan de
Emprego pechado e sen ningun informe que o avale.
Por
último, e con respecto ás últimas consideracións que indican que
unha vez que o Plan de Emprego sexa obxecto das audiencias e achegas
dos representantes sindicais será levado ao Pleno para a súa
aprobación é necesario dicir que os representantes sindicais non
tivemos ningunha posibilidade de consideracións nin de achegas posto
que na Mesa Xeral de Negociación convocada o luns non había
posibilidades reais de negociación tal e como alí se expresou e
tendo en conta que o pleno de aprobación do orzamento e a RPT tería
lugar ao día seguinte.
Debido a todo isto o Comité solicitoulle ao Concello que o Plan de Emprego non sexa
aprobado porque non foi obxecto da negociación pertinente na Mesa Xeral de Negociación e o propio Concello incumpriu cos pasos necesarios
para a devandita aprobación ao non solicitarlle un informe sobre o
documento ao Comité de Empresa do persoal laboral do Concello de
Betanzos, tal e como indica que é preceptivo no criterios para a súa
tramitación. A maiores os traballadores afectados polo devandito
plan non tiveron audiencia no expediente no prazo pertinente nin
tiveron coñecemento da modificación exacta das funcións de cada
praza ata que se publicou provisionalmente a RPT e o Plan o que
consideramos sumamente grave e que é unha boa mostra da nula vontade
de negociación por parte do goberno municipal con respecto a este
Plan de Emprego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario