Información publicada no DOG n.º 187 do luns 1 de outubro de 2012 con respecto ao persoal ao servizo da Administración autonómica que pode ser de utilidade xa que este Concello a catro días das eleccións non publicou ningunha información que regule este dereito.
O persoal que o día das eleccións
non goce do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído
de ata catro horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que
a súa quenda de traballo, o día 21 de outubro de 2012, coincida, polo
menos en catro horas, co tempo en que permanecerán abertas as mesas
electorais. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a
correspondente redución proporcional do permiso.
O persoal nomeado presidenta/e ou
vogal de mesas electorais e os/as que acrediten a súa condición de
interventoras/es teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso
retribuído de xornada completa se non gozan en tal data de descanso
semanal, e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o
día inmediatamente posterior.
Os que acrediten a súa condición de
apoderados/as teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da
votación, se non gozan nese día de descanso semanal.
A acreditación do persoal nomeado
presidenta/e ou vogal de mesas electorais ou da condición de
interventoras/es ou de apoderados/as, realizarase mediante a
presentación da oportuna xustificación documental na correspondente
dirección ou xefatura de persoal.
Se nos vindeiros días o Concello publica algunha información con respecto a este tema manterémosvos informados/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario