Ante
a “situación de emerxencia social” na que se atopan milleiros de
persoas no noso país
A
Confederación Intersindical Galega (CIG) está a traballar na posta
en marcha dun plan de axuda alimentaria solidario dirixido aos
afiliados/as con menos recursos económicos. A central nacionalista
impulsa este iniciativa ante a “situación de emerxencia social”
na que se atopan milleiros de persoas no noso país e con ela
pretende fomentar a solidariedade entre a súa afiliación.
Segundo
explican dende a CIG, o plan funcionará de xeito similar a un banco
de alimentos e da súa xestión encargaranse grupos de afiliados/as
voluntarios/as.
A
central recollerá alimentos non perecedeiros entre a súa afiliación
que serán repartidos entre os afiliados/as ou entre aquelas persoas
que deixaron de abonar a cuota sindical nos últimos nove meses por
razóns económicas. Tamén se recollerán achegas económicas que se
destinarán á adquisición de alimentos para repartir.
A
iniciativa, de cuxo funcionamento se está a informar por carta a
toda a afiliación, responde á “situación de emerxencia social”
na que se atopan milleiros de familias no noso país a causa da crise
económica e busca fomentar a solidariedade entre os afiliados/as da
CIG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario