Temos coñecemento
de que algún sindicato anda a distribuír pola rede as
actas das Mesas Xerais de Negociación do ano 2012 que o
Concello pretende aprobar mañá e queremos pór en
coñecemento de todo o persoal que esas actas aínda non
foron aprobadas e poden sufrir modificacións. Dende a CIG
farémolas públicas cando estean aprobadas de xeito
definitivo pola Mesa Xeral de Negociación e consideramos unha
irresponsabilidade absoluta a súa distribución por
parte dalgún delegado sindical antes de que estean aprobadas
e que haxa posibles alegacións á súa redacción
definitiva, entendemos que haxa sindicatos que pensen que o que pon o Concello vai a misa (sobre todo nestes días) mais non é a primeira vez que hai discrepancias en como se recolle nas actas o exposto nas reunión dos representantes do persoal co Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario