O 25 de outubro de 2011 o Comité de Empresa escolleu os delegados de prevención que polo de número de traballadores lle correspondían, que eran tres, de inmediato isto se lle comunicou ao Concello para instalo á Constitución do Comité de Seguridade e Saúde. A obriga de constitución deste Comité de Seguridade e Saúde foi na tratada mesmo na Mesa Xeral de Negociación que tivo lugar o 7 de febreiro de 2012, onde o propio alcalde, tal e como consta na acta afirmaba que este Comité se constituiría proximamente. A día de hoxe, máis dun ano despois desa mes, e un ano e medio despois de que o Comité fixese a súa parte do traballo ao lle comunicar ao Concello os delegados o Comité de Seguridade e Saúde segue sen se constituír no Concello de Betanzos, carecendo así non só do organismo “eixe central” da integración da prevención
de riscos laborais, senón tamén de dous elementos (avaliación de
riscos laborais e planificación da actividade preventiva)
fundamentais para a xestión do risco.
Debido a esta situación e á total inoperancia do Goberno municipal avalada porque un ano e nove meses despois de entrar a gobernar non foi quen de constituír o organismo base da prevención de riscos laborais segundo a Lei 31/95, que a maiores debería reunirse cunha periodicidade trimestral, os delegados de prevención da CIG decidiron dar os primeiros pasos para poñer en coñecemento da Inspección de Traballo esta situación e formular a denuncia correspondente, tema que comentaron na reunión ordinaria do Comité de Empresa do mes de febreiro e que lle propuxeron apoiar ao delegado de prevención da UGT. Logo disto, e no caso de que o Concello non convoque proximamente o Comité de novo os representantes de traballadores veranse na obriga de asistir a organismos superiores para mediar na mala ou inexistente) xestión, neste caso relacionada coa prevención de riscos laborais, do Concello de Betanzos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario