Este
xoves, día 11 de abril, en todas as cidades de Galiza por volta das
20:00 ou 20:30 horas
A
CIG convoca concentracións en cidades e vilas de toda Galiza este
xoves, día 11 de abril, para manifestar a oposición da central
sindical ás reformas aprobadas polo goberno no último mes. Reformas
como o decreto para a contratación da mocidade; a autorización ás
mutuas para dar altas de enfermidade; a das pensións anticipadas,
voluntarias ou forzosas e o recorte do dereito ao subsidio para
maiores de 55 anos, que considera que provocarán máis pobreza e
discriminación entre a clase traballadora.
So
pretexto de favorecer a contratación de menores de 30 anos o Goberno
de Mariano Rajoy autoriza, con carácter xeral, a contratación de
menores de 30 anos con salarios inferiores a 500€ e, en moitos
casos, sen dereito á prestación por desemprego.
Non
satisfeito con isto, o Goberno ofrece a cambio importantes axudas ás
empresas, ás que permite facer estes contratos para os que a CIG
denuncia que previamente despedirán a outras/os traballadoras/es por
calquera causa. “Poderán substituír a un/unha traballador/a
antigo/a e maior por varios novos, precarios e baratos”.
Permite
ademais ás ETTs facer estes contratos baratos e pagar con diñeiro
público a empresas privadas que os xestionen en substitución do
INEM.
Mutuas
dando altas por IT
O
Goberno xa presentou un borrador de decreto para que as mutuas dean
altas nas IT por enfermidade. Deste xeito, o criterio parcial e
interesado das mutuas precipitará a alta de persoas que non estean
curadas, co risco para a saúde e maior indefensión ante un
despedimento, por non estaren en condicións de traballar.
Reforma
das pensións
Con
esta nova reforma aumenta a idade para xubilarse anticipadamente e
penalízanse os coeficientes de tal xeito que o desconto na pensión
é moito maior, aínda que non sexa por causa imputada ao traballador
ou traballadora. Aquelas persoas maiores despedidas ou afectadas por
un ERE de extinción ou peche de empresa que non atopan traballo
serán as especialmente castigadas.
Afectará
tamén a traballadoras/es dos oficios máis duros e sempre tamén con
menor salario que teñen limitacións físicas ou incapacidades e que
non poden seguir traballando.
O
ano pasado o PP xa reformou o subsidio daquela para maiores de 52
anos, elevouno a 55 e reduciu a cotización para a pensión. Agora
deixarán a centos de miles de traballadoras/es se poder cobrar esta
prestación e sen cotización para a pensión ao exixírenlles unha
renda familiar inferior a 967€.
Para
a CIG isto é un ataque “ás/aos pobres, ás/aos desempregadas/os,
á clase traballadora, reducindo gasto social para darllo á banca,
aos seus amigos, aos ricos, para alimentar a corrupción no seu
propio partido”.
Concentracións
A
Coruña,
ás 20:00 horas na Subdelegación do Goberno
Compostela ás
20:00 h. na Praza do Toral
Ferrol,
ás 19:00 horas na Praza do Concello
Ourense,
diante da Subdelegación do Goberno español ás 20.00 horas
Pontevedra,
na Praza da Peregrina ás 20.00 horas
Vigo,
na farola da Urzaiz ás 20.00 horas
Vilagarcía: ás
20:00 horas, na Praza de Galiza

Ningún comentario:
Publicar un comentario