Non
se someter ao recoñecemento médico pode ser motivo de despedimento
Negarse
a pasar o recoñecemento médico que esixe a empresa pode custar o
despedimento. Así o determina unha sentenza do Tribunal Superior de
Xustiza de Extremadura, que aborda o caso dun vixilante de seguridade
ao que a súa empresa destinou a unha obra dun cliente que esixía
que todos os gardas pasasen unha revisión médica.
A
empresa chegou a pedirlle ata en seis ocasións que se sometese á
revisión e mesmo lle ofreceu diñeiro para o desprazamento, pero o
traballador negouse reiteradamente.
Ao
parecer, había constancia de que podía sufrir algún problema de
xordeira, algo que podía supoñer un perigo, tanto para el mesmo
como para terceiros, tendo en conta que o seu traballo se desenvolvía
nunha obra nunha zona apartada, en horario nocturno, e que o
vixilante traballaba cunha arma.
Segundo
o tribunal, o recoñecemento, ao que o empregado se negou sen causa
xustificada, non tiña por que conducir a negarlle a ocupación
efectiva, senón que buscaba avaliar as deficiencias acústicas que
sufría. A sentenza detalla que a súa negativa podía custarlle á
compañía a perda de clientela ou unha responsabilidade empresarial
en caso de que o empregado sufrise un accidente ou resultase danado
un terceiro.
Desobediencia
Por
todo iso, imputóuselle unha conduta de indisciplina ou
desobediencia, sancionables co despedimento disciplinario,
confirmando o tribunal que a súa actuación é "merecedora"
desta máxima sanción.
Segundo
sostén, a negativa reiterada a someterse ao recoñecemento médico
supón un incumprimento grave e culpable das ordes empresariais.
Afirma que a orde en cuestión nin é arbitraria, nin está
inxustificada, nin é lesiva para o dereito á intimidade.
Fonte:www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario