O
ano pasado, e logo de oito compañeiros e compañeiras demandaran ao
Concello por despedimento improcedente ficou claro que a xustiza non
sempre mide igual casos semellantes ao declarar en primeira instancia
seis despidos como improcedentes e que supuxeron a posterior
readmisión e outros dous como procedentes con dereito a recurso de
suplicación.
A
CIG presentou en tempo e forma o recurso á sentenza destes dous
últimos casos e neste último mes o Tribunal Superior de Xustiza de
Galiza vén de declarar en ambos os dous casos a nulidade das
sentenzas feitas en primeira instancia e obriga ao xuíz a ditar unha
nova sentenza que integre os feitos probados e os datos acreditados
para que se poida resolver de xeito oportuno o recurso de
suplicación. Certo é que no momento que esas dúas sentenzas saíran
á luz dende a CIG ficamos perplexos porque non contiñan moitos
datos relevantes para declarar a improcedencia do despedimento ou
non, e agora o Tribunal Superior corrobora esta impresión ao obrigar
a ditar dúas novas sentenzas.
Agardamos,
pois, que desta vez si que se faga xustiza e unha vez que isto se
resolva poidamos dicir que a xustiza tratou por igual a todos os
compañeiros e compañeiras, aínda que o certo é que, polo momento
hai dous, que teñen que padecer un periplo xudicial que os
anteriores non con todo o que iso supón e dende a Sección sindical
queremos trasmitirlle ánimos porque sabemos o duro que foi que este
colectivo se animase, por primeira vez na historia deste Concello, a
demandar á Administración por un despedimento improcedente e ir
abrindo tamén, pouco a pouco, o camiño a outros casos que se poidan
dar no futuro para os que, a partir de agora, xa haberá precedentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario